Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Sobre o Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a persoas usuarias que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede nun relevante edificio histórico que foi convento franciscano entre os séculos XIV e XIX e cuartel de Infantería entre as décadas de 1840 e 1980.

Horario

Inverno

Luns a venres: 8:30 a 20:30 h

Verán (15 de xuño a 15 de setembro)

Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.

Pechado ao público

Martes de Entroido (variable, festivo local)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
25 de xullo (Día de Galicia)
11 de novembro (San Martiño, festivo local)

Contacto
+34 988 788 228
Rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, 32004 Ourense

Actualidade

Novas do Arquivo Histórico Provincial de Ourense