Actualidade

Axudas en materia de Arquivos 2019

Publicación da resolución provisional das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para o ano 2019. As entidades solicitantes disporán de 10 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da data de publicación da proposta provisional, para formular as alegacións que consideren oportunas ante a Dirección Xeral de Políticas Culturais no lugar e forma indicados no artigo 6 da orde.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposición "Patrimonio industrial: memoria e cultura" e actividades

O 9 de xuño celebramos o Día Internacional dos Arquivos. O Arquivo de Galicia quere contribuír á reflexión sobre o interese do patrimonio documental para o mantemento da memoria colectiva do que constitúe o noso patrimonio industrial e, en definitiva, a nosa cultura coa inauguración da exposición Patrimonio industrial: memoria e cultura.

 A inauguración será o día 7 e arredor dela haberá actividades como:

 

1.      Xornadas de portas abertas ao Arquivo de Galicia e visitas guiadas á exposición os días 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de xuño, entre 9-14 h., cunha duración aproximada: 1 h.

 

2.      Visitas guiadas á exposición dende o 10 de xuño ata que se clausure, cunha duración de 45 minutos.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Axudas en materia de arquivos 2019

O DOG do 18 de febreiro de 2019 publica a Orde do 28 de xaneiro de 2019 da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. Mais información na pestana Axudas
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn