Actualidade

Axudas para equipamento de arquivos municipais

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Día Internacional do Patrimonio Mundial 2017 no Arquivo de Galicia

Data de publicación: 16-11-2017

O día 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Galicia pode presumir de ter cinco bens declarados patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO: a zona antiga de Santiago de Compostela, os camiños primitivo e do norte a Santiago, a muralla de Lugo e a torre de Hércules. Mais temos outros tres inscritos na chamada lista indicativa, primeiro paso para calquera futura candidatura, como son: a Ribeira Sacra, a zona Ancares-Somiedo e o patrimonio do Ferrol da Ilustración. Sen dúbida os tres merecerían estar xa declarados.

Na páxina seguinte amosamos algunhas imaxes destes bens.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Ampliado o prazo para xustificar as axudas en materia de arquivos

Ampríase o prazo para presentar as xustificacións ata o 30 de novembro do 2017

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposicións

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Data de inicio: 20-12-2016 Data de fin: 20-03-2017

 

 

O Arquivo de Galicia organiza esta exposición, dentro do seu programa de difusión, para poñer o acento en que a paisaxe é, como os arquivos, un patrimonio a preservar.
 

A crecente preocupación pola paisaxe, quedou posta de relevo de forma especial a partir do ano 2000 en que se asina en Florencia o Convenio Europeo da Paisaxe, ratificado por España no ano 2007 e que é o xermolo da Lei 7/2008 de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia. Por outra parte temos a recente aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, de 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia).

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia

Data de inicio: 18-06-2015 Data de fin: 09-09-2015

O día 9 de xuño celébrase o Dia Internacional dos Arquivos. Un dos seus obxectivos é fomentar o coñecemento e divulgación dos arquivos en todo o mundo.

Por esta razón o Arquivo de Galicia elixiu para a conmemoración deste ano organizar unha exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón. Con isto quere dar cumprimento ao seu compromiso coa recuperación, conservación, tratamento técnico e difusión do patrimonio documental de Galicia tanto de orixe pública como privada, agradecer aos doadores a súa xenerosidade na cesión a un centro público dun patrimonio privado para disfrute de toda a sociedade e animar a outros propietarios a tomar exemplo destas iniciativas.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Emigrantes: terras, xentes, emocións

Data de inicio: 22-01-2016 Data de fin: 04-03-2016

 

Propoñemos unha reflexión sobre a relevancia da emigración na sociedade galega a través do patrimonio documental, cunha mostra na que están presentes documentos dos séculos XVII ao XX procedentes dos diversos fondos de orixe pública e privada que se custodian no Arquivo de Galicia e dous álbumes de postais procedentes dunha colección particular.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Publicacións

Patrimonio documentado: a protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. Volume II: Artigos.

Data de publicación: 08-08-2013 AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5093-5 (Obra completa).Volume II: 978-84-453-5095-9 Prezo16 € (os dous volumes). Véndense de forma conxunta Depósito legalC 1273-2013 EditorialXunta de Galicia Ano de publicación2013

Patrimonio documentado. A protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos.Vol I: catálogo da exposición

Data de publicación: 08-08-2013 AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5093-5 (obra completa). Volume I: 978-84-453-5094-2 Prezo16 € (os dous volumes). Véndense de forma conxunta Depósito legalC 1272-2013 EditorialXunta de Galicia Ano de publicación2013

Actas do seminario internacional O futuro da memoria: o patrimonio arquivístico dixital

AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5018-8 Editorial[Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, 2011 (Alva Gráfica) Ano de publicación2010
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn