ORGANIZACIÓN DE ARQUIVOS

Data de publicación: 08-06-2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de asinar varios convenios con institucións públicas e privadas que custodian patrimonio documental galego coa finalidade de contribuír ao seu coñecemento e difusión pública.


_ Universidade de Santiago de Compostela: o obxectivo é que os fondos procedentes da desamortización do Clero que se custodian no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela se dixitalicen para a difusión na web.
_ Bispado de Tui - Vigo: o obxecto é a organización dos fondos documentais das parroquias con máis de cen anos de antigüidade que se custodian no Arquivo diocesano de Tui - Vigo, para facilitar o acceso á información que custodian a través da plataforma informática da Xunta de Galicia que a soporta.
_ Concello de Mondoñedo: trátase de continuar a organización do seu importante fondo documental no Arquivo municipal desta cidade, antiga capital de provincia e sede episcopal, que custodia documentos dende a época medieval. O arquivo de Mondoñedo posúe unha importante cantidade de documentación medieval, por ser un dos concellos máis relevantes da historia de Galicia, capital da antiga provincia de Mondoñedo e da sede episcopal. Ten un volume documental controlado de 2.951 unidades de instalación, entre caixas e libros, e a data inicial dos seus fondos é de 1491.
_ Concello de Montederramo: ten como obxecto a organización do Arquivo Municipal de Montederramo incluído no plan estratéxico da Consellería para os arquivos municipais e dentro do programa de organización de fondos documentais que integran o patrimonio documental de Galicia.
_ Concello da Rúa de Valdeorras: ao igual que o anterior o obxecto do convenio é a organización e informatización da información do seu Arquivo municipal para o servizo ao propio concello, aos veciños e a súa difusión no portal de arquivos