O Arquivo de Galicia celebra hoxe o Día Internacional dos Arquivos

Data de publicación: 08-06-2012

O Arquivo de Galicia celebra hoxe o Día Internacional dos Arquivos coa organización dunha xornada de portas abertas consistente na realización de visitas guiadas.

 

As visitas,  que darán comezo na porta principal do edificio situado na Cidade da Cultura de Galicia,  consistirán nun percorrido polas súas instalacións e a mostra dunha selección de documentos de orixe pública e privada que o arquivo custodia.

Con isto preténdese resaltar a importancia dos documentos e os arquivos como  evidencias de dereitos e obrigas e valiosos testemuños do desenvolvemento económico, político e social  das sociedades.

Horario de visitas:

 

Mañá: 10,30 h. e 13 h.

Tarde: 17,00

 

Ás 12 da maña  terá lugar tamén nas instalacións desta institución unha roda de prensa organizada pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dar a coñecer a publicación na web do novo Portal de Arquivos de Galicia e outras iniciativas en materia de arquivos que está a desenvolver.