O Arquivo de Galicia dá acceso a través da súa páxina web ás Actas do Seminario Internacional O futuro da memoria: o patrimonio arquivístico dixital

Data de publicación: 05-07-2012
O Arquivo de Galicia dá acceso a través da súa páxina web ás Actas do Seminario Internacional O futuro da memoria: o patrimonio  arquivístico dixital, celebrado no Arquivo de Galicia os día 18 e 19 de novembro de 2010 para dar a coñecer a existencia deste novo centro.
 
 
O Seminario, que foi organizado polo Arquivo co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, abordou dous temas de gran transcendencia para os profesionais dos arquivos: por unha banda, o desenvolvemento da Administración Electrónica e os cambios que iso está a supoñer na xestión documental tradicional e, por outro, as políticas públicas de dixitalización do patrimonio documental en papel e o reto que supón a conservación a longo prazo dos obxectos dixitais que se obteñen mediante eses procesos e da información asociada a eles. Para iso contou coa presenza de destacados arquiveiros, profesores ou teóricos de Arquivística e responsables da implantación da Administración Electrónica de todo o mundo, como Eric Keteelar (Holanda), David Bearman (Estados Unidos), Livia Iacovino (Australia), Silvestre Lacerda (Portugal), Richard Brown (Canadá) ou Alicia Barnard (México), entre outros; e de España: Daniel Ocaña (Arquivo do Tribunal Constitucional), Miguel Ángel Amutio (Ministerio da Presidencia), Pepita Raventós (Arquivo da Universidade de Lérida), Elena Rivas (Arquivo Municipal de Zaragoza), Anabella Barroso (Arquivo Histórico Diocesán de Vizcaia), Rafael Fresneda (Arquivo da Rexión de Murcia), Alfonso Sánchez (Subdirección Xeral de Arquivos do Ministerio de Cultura) ou Mª José García Sexto (Subdirección Xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública – Xunta de Galicia ).
O Arquivo de Galicia continuará tamén a distribuír exemplares impresos das Actas a aqueles centros e institucións que llo soliciten.