O Arquivo de Galicia recibe expedientes de estacións de servizo

Data de publicación: 31-08-2012

Recibidos por transferencia da Subdirección Xeral de Administración Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, os documentos foron tramitados no seu día polo Servizo Territorial da Zona Noroeste de CAMPSA (Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos Sociedad Anónima, cuxa función era administrar a concesión do monopilio estatal de petróleos promovido polo ministro de Hacienda durante a Ditadura de Primo de Rivera, José Calvo-Sotelo)

O conxunto ten datas extremas entre os anos 1927 e 1996 e comprende expedientes que normalmente se inician coa autorización da instalación e rematan coa súa clausura, de ser o caso, e inclúen numerosos planos e fotografías, como o que ilustra esta noticia...

Estación de servizo de Porriño "Pretensados del Louro" (1958)