O Arquivo de Galicia fai público un novo recurso arquivístico

Data de publicación: 01-10-2012

Estas recomendacións pretenden orientar a calquera arquiveiro, bibliotecario ou responsable da preparación dunha exposición de bens do patrimonio documental e bibliográfico nas medidas a tomar  para minimizar os riscos asociados á súa manipulación e exhibición en lugares e condicións diferentes das habituais. Baseánse na consulta de normas, recomendacións e bibliografía na materia, de España e doutros países do mundo.

 

Accesibles dende a páxina web do Arquivo de Galicia, na sección de SERVIZOS. RECURSOS ARQUIVÍSTICOS.