"En cadea sen prijon". Cancioneiro de Afonso Paez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.)

Data de publicación: 15-03-2013

Os poemas forman parte dun arquivo familiar procedente da bisbarra de Ferrol  conservados na actualidade no domicilio da súa propietaria en Lugo. Foron descubertos por arquiveiros do Arquivo de Galicia e do Arquivo Histórico Provincial de Lugo durante unha visita ao arquivo. Achegan nova luz sobre un periodo pouco coñecido da historia literaria galega.