O Arquivo de Galicia publica a memoria de xestión do ano 2012.

Data de publicación: 13-05-2013
 
Por doazón, recibiuse o arquivo e biblioteca de Olga Gallego Domínguez, directora que foi do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e membro da Real Academia Galega, efectuada pola súa irmá, Pilar Gallego. Recibiuse tamén unha nova achega do fondo da familia Vilariño Pintos, que complementa as xa efectuada nos anos 2010 e 2011.
Por compra, foi adquirido o Arquivo da Familia Freire (0,65 m. comprendidos entre 1598 e 1875).
É de salientar tamén a entrega que fixo no mes de maio o Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia de documentos procedentes da casa de subhastas Durán de Madrid e correspondentes á parroquia de San Martiño de Noia (1595-1809), do Concello de Noia (1548-1592) e outros relacionados co cobro do voto de Santiago nos bispados de Salamanca, Ávila, Plasencia e Coria (1615 e 1831).
Con estas achegas, o Arquivo reúne na actualidade 9.000 m de documentos (81.414 unidades de instalación), con datas entre 1404 e 2012.