Inauguración da exposición "Patrimonio documentado: a protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos Arquivos"

Data de publicación: 03-06-2013
Forman o núcleo da mostra, que exhibirá unhas 70 pezas, documentos dos fondos da Comisaría de Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional e da Comisión Provincial del Patrimonio Histórico Artístico que se custodian no Arquivo de Galicia. Documentos que se complementan cos procedentes doutros arquivos como: Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Municipal da Coruña, Real Academia Galega, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Archivo Central de la Secretaría de Estado de Cultura, Archivo General de la Administración, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e Congreso de los Diputados.
 
A exposición permanecerá aberta ata o día 7 de outubro durante o horario de apertura do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (de 8:00 a 20:00 h.). A partir do día 10 de xuño ofertaranse visitas guiadas para aquelas persoas ou grupos interesados. Poderanse concertar no teléfono 881 999 665 ou no enderezo electrónico do Arquivo: arquivogalicia.cultura@xunta.es