Exposición "Patrimonio documentado": visita virtual

Data de publicación: 11-07-2013

Complemento da mostra física que se está a exhibir no propio Arquivo, na Cidade da Cultura de Galicia, a exposición pode verse no sitio web do Arquivo de Galicia (Actividades/Exposicións) e no Portal de Arquivos de Galicia (Difusión/Exposicións).

Da mesma forma que o catálogo impreso, que se publicará en breve, a exposición virtual amosa a selección inicial de documentos (103), que logo se reduciu por falla de espazo suficiente na sala da Biblioteca e Arquivo de Galicia.