Comercio e consumo: 10 novos estudos de identificación e valoración de series documentais

Data de publicación: 30-08-2013
A edición electrónica destes estudos faise en desenvolvemento do programa de identificación e valoración documental da Xunta de Galicia que o Arquivo de Galicia está a executar de acordo co seu Plan director.
Os traballos agora accesibles na rede, que se suman aos xa existentes, son os seguintes:
719. Expedientes de subvencións a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario.
720. Expedientes de subvencións a asociacións de consumidores e usuarios para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario.
728. Expedientes de axudas ás corporacións locais para a promoción de zonas e equipamentos comerciais.
731. Expedientes de autorización de modificación de prezos de bens ou servizos de produtos estratéxicos (Comisión de prezos de Galicia).
732. Expedientes de axudas a entidades sen fins de lucro para actividades de promoción comercial.
733. Expedientes de axudas ás corporacións locais para actividades de promoción comercial, produtos galegos e certames feirais.
734. Expedientes de axudas ás empresas privadas para actividades de promoción comercial, produtos galegos e certames feirais.
735. Expedientes de axudas para a mellora da formación profesional do sector comercial.
736. Expedientes de axudas para a promoción, construción, equipamento e modernización das lonxas pesqueiras.
738. Expedientes de axudas para actividades de promoción comercial e celebración de certames feirais de carácter comercial.