Clausura da exposición “Patrimonio documentado”.

1836, febreiro, 10. A Coruña. Real Orde comunicada do 26 de xaneiro de 1836 que o intendente de Galicia traslada ao Concello da Coruña para que informe sobre o destino que deba dárselle aos edificios dos conventos suprimidos da cidade. Arquivo Municipal da Coruña, AC. C. 7.570
Data de publicación: 02-10-2013
A exposición, que veu amosándose no edificio que é sede da Biblioteca e  do Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, dende o pasado 7 de xuño, viaxará,  a partir do ano 2014 por outros arquivos da xeografía galega. Para a esta itinerancia utilizaranse reproducións de todos os documentos orixinais amosados na mostra que agora remata.
Con esta iniciativa, o Arquivo de Galicia pretendeu achegar un pouco de luz sobre unha parte do patrimonio cultural frecuentemente esquecida, cal é o patrimonio documental custodiado nos arquivos. Esta aproximación tentou explicar e comprender como e por que a sociedade produce os documentos que integran aquel e cal é a utilidade directa que posúen.