Acceso ao OPAC do Arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Retrato de Sebastián Malvar y Pinto, arcebispo de Santiago e fundador da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago custodiado na sede da Institución en Santiago
Data de publicación: 14-10-2013
Para acceder ao OPAC débese introducir como nome de usuario rseaps e, como contrasinal, archivo. Igualmente, na pantalla de inicio do Sistema de información de arquivos de Galicia, pódese lanzar unha busca para interrogar á base de datos sobre o conxunto dos rexistros correspondentes a todos os arquivos que forman parte do sistema.
A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago fundouse por Real Cédula de Carlos III, do 23 de setembro de 1784. O seu arquivo foi organizado e descrito no ano 2007 baixo a dirección e coordinación dos servizos técnicos de arquivos da Consellería de Cultura.