Administracións Públicas: 8 novos estudos de identificación e valoración de series documentais.

Data de publicación: 25-10-2013
A difusión na rede destes estudos faise en desenvolvemento do programa de identificación e valoración documental da Xunta de Galicia que o Arquivo de Galicia está a executar de acordo co seu Plan director.
Os traballos agora accesibles no sitio web do Arquivo de Galicia, que se suman aos xa existentes son os seguintes:
- 8-222. Rexistro xeral de entrada de documentos.
- 8.1-222. Relacións de entrega dos documentos do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ás unidades administrativas destinatarias.
- 9-222. Rexistro xeral de saída de documentos.
- 9.1-222. Relacións diarias por unidades administrativas das anotacións de saídas de documentos no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
- 11-223. Expedientes de contratación de obras.
- 12-223. Expedientes de contratación de subministracións.
- 13-223. Expedientes de contratación de consultoría e asistencia.
- 14-223. Expedientes de contratación de xestión de servizos públicos.