A descrición do fondo documental da familia Vilariño Pintos

1895, agosto, 5. París. Bono de capitalización de 35 francos da sociededae anónima francesa
Data de publicación: 20-01-2014
Este fondo ingresou no Arquivo por doazón dos irmáns Vilariño Pintos, de Santiago de Compostela, en dous momentos diferentes. Así, recibiuse unha primeira remesa o 18 de novembro de 2009, que sería aceptada de forma oficial pola Xunta de Galicia polo Decreto 120/2010, do 1 de xullo (DOG núm. 138, do 21 de xullo). O 7 de xaneiro de 2010 entregábase a segunda parte, aceptada polo Decreto 64/2011, do 24 de marzo (DOG núm. 69, do 7 de abril).
Entre os documentos presentes no conxunto, son salientables aqueles que se relacionan coa administración por parte de sucesivos membros da familia Vilariño Pintos dos bens e rendas doutros individuos ou familias.
Exemplo disto son os correspondentes á administración dos bens de dona García de Andrés Villalba de la Corte e ao seu marido, Felipe Gutiérrez de la Peña Tostado, desempeñada, primeiro e desde fins do século XIX, por Eduardo Vilariño Magdalena e, despois, a fins da primeira metade do século XX, polo seu fillo José Vilariño de Andrés Moreno. Este acabaría herdando parte dos bens polo seu parentesco con García de Andrés.
Escolmamos aquí algúns documentos do fondo, entre os que se atopan testemuños de actividades financeiras do matrimonio Gutiérrez de la Peña-de Andrés, centradas na adquisición de débeda pública española ou francesa ou no investimento en bolsa.
Fondo Vilariño Pintoss