DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS NA CONFRARÍA DE BURELA

DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2014 NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA

O 9 de xuño celébrase a nivel mundial o Día Internacional dos Arquivos, instituído para conmemorar a creación do Consello Internacional de Arquivos pola Unesco ese mesmo día no 1948. Para celebrar esta efeméride o Arquivo da Confraría de Burela presentará o traballo que se está a realizar no arquivo e as iniciativas que está a levar a cabo, para complementar as habituais:

  • VISITAS GUIADAS ÁS INSTALACIÓNS DO ARQUIVO
  • EXPOSICIÓN DE DOCUMENTOS REPRESENTATIVOS CONSERVADOS NO ARQUIVO DA CONFRARÍA DE PESCADORES
  • VISITA GUIADA A OUTRAS ENTIDADES DO PORTO (BARCO MUSEO, FÁBRICA DE XEO, ETC.) EN COORDENACIÓN COA VISITA GUIADA Ó ARQUIVO