Fondo documental da Fábrica Massó Hermanos (Avilés)

Data de publicación: 06-02-2015

O traballo no mar impulsou en Galicia, igual que noutros territorios costeiros, a industrialización en amplas zonas. Así, á explotación primaria dos recursos pesqueiros sucedeulle o nacemento dunha puxante industria conserveira e esta, pola súa parte, impulsou a construción naval, o nacemento de establecementos metalúrxicos para producir os envases e os talleres para a impresión das cubertas.

A factoría Massó de Avilés xurde como parte do proceso de expansión que realiza a  empresa familiar Massó Hermanos S.A. baixo a xerencia de Gaspar Massó García.