Fondo documental da Fábrica Massó Hermanos (Avilés)

Data de publicación: 06-02-2015

O traballo no mar impulsou en Galicia, igual que noutros territorios costeiros, a industrialización en amplas zonas. Así, á explotación primaria dos recursos pesqueiros sucedeulle o nacemento dunha puxante industria conserveira e esta, pola súa parte, impulsou a construción naval, o nacemento de establecementos metalúrxicos para producir os envases e os talleres para a impresión das cubertas.

Eses talleres, nos que se crea auténtico deseño industrial, son froito do desenvolvemento da publicidade como medio de captación de clientes, nun  mercado exterior en gran parte.

Como mostra desto presentámosvos a imaxe de portada