Día Internacional dos Arquivos no Arquivo de Galicia

Data de publicación: 04-06-2015

 

  • Día 9 de xuño:

9:00 h a 14:00 h. Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás instalacións do Arquivo de Galicia. Inscrición previa, teléfono 881 99 96 65 ou email: arquivogalicia.cultura@xunta.es

13:00 h. Inauguración da exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón no Arquivo de Galicia: Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia. Sala de exposicións do Arquivo de Galicia. Entrada libre.

Visitas guiadas: a partir da inauguración da exposición ofreceranse visitas guiadas ata a data de clausura, o 9 de setembro, previa cita a través da páxina web da Fundación da Cidade da Cultura.

  • Día 12 de xuño:

12:30 h. Conferencia “Os arquivos privados: salvar patrimonio, fomentar a investigacion”, por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da USC e presidente do Consello da Cultura Galega, sobre a importancia dos arquivos para o coñecemento do noso pasado. Salón de actos do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Entrada libre ata completar capacidade.