Remataron as bolsas de arquivos

Os destinatarios son graduados universitarios con formación académica en Arquivística.
A formación se desenvolve en arquivos dependentes da Consellería de Cultura, Educacíón e Ordenación Universitaria (Arquivo de Galicia en Santiago de Compostela, Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo) e nos arquivos municipais de Dodro, Muíños, Porto do Son e O Barco de Valdeorras.
Dende o Servizo de Arquivos agradecemos a todos e cada un dos bolseiros polo interese, a boa disposición e o entusiasmo con que responderon, así como aos directores e directoras dos centros pola colaboración prestada.