Visitas guiadas á exposición Memorias de familia. O fondo da familia Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia

Data de publicación: 27-07-2015

Na exposición amósanse documentos relacionados coa identidade, relacións ou economía do grupo familiar, a actividade profesional dalgún dos seus membros na Universidade e outras institucións de Santiago de Compostela e actividade política a través da correspondencia con Montero Ríos e outros.

Para realizar unha visista máis completa, con percorrido xeral polas instalacións do Arquivo, debe haber un aforo mínimo de dez asistentes.

Aquelas persoas que estean interesadas deben enviar unha solicitude ao teléfono 881 99 96 65 ou no correo electrónico: arquivogalicia.cultura@xunta.es. Só hai que achegar o nome e apelidos e unha dirección de correo ou teléfono de contacto.

Os días de visita serán:

No mes de xullo: do 27 ao 31.

No mes de agosto: do 1 ao 14.

No mes de setembro: do 1 ao 9.

O horario: entre as 10 e as 13.30 horas.