Actividade didáctica co gallo da Exposición "Memorias de familia. O fondo vilariño pintos no Arquivo de Galicia"

O obradoiro comezará cunha visita guiada á exposición. A continuación entregarase o material elixido para a realización da actividade. Este material, que se obsequiará aos participantes, consistirá en tarxetas impresas en cartolina con reproducións de documentos, textos explicativos e un espazo en branco para ser cuberto durante a actividade.

No transcurso do obradoiro, proxectaranse imaxes e videos que ilustren sobre os cambios experimentados na cidade neste período de tempo e faciliten a participación mediante o relato de lembranzas persoais dos asistentes. 

 

 

 

A actividade está dirixida a un público maior de 18 anos. Desenvolverase o día 9 de setembro dende as 18 horas na Aula 2 do Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n).

As persoas interesadas en asistir poderán solicitalo no correo electrónico do arquivo: arquivogalicia.cultura@xunta.es