Decreto polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia

O Consello de Avaliación Documental de Galicia é un órgano colexiado consultivo e de asesoramento da Administración autonómica de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

A súa finalidade é o estudo e ditame das cuestións relativas á cualificación e utilización dos documentos producidos, recibidos ou acumulados no exercicio das súas funcións polas institucións, administracións e organismos públicos e empresas e entidades deles dependentes, así como a súa integración nos arquivos e ao réxime de acceso e inutilidade administratica de tales documentos no ámbito do Sistema de Arquivos de Galicia, tal como establece o artigo 34 da Lei 7/2014, do 26 de setembro.

Decreto 15/2016 do 14 de xaneiro