Día Internacional da Muller 2016. Mulleres sobranceiras: Olga Gallego Domínguez

Con esta pequena mostra o Arquivo de Galicia pretende inaugurar unha serie de homenaxes dedicados ás mulleres galegas.

A relevancia da figura de Olga Gallego na Arquivística española, a súa preocupación polo desenvolvemento do sistema arquivístico e a conservación do patrimonio galego así como a doazón que a súa irmá e única herdeira fixo do seu arquivo persoal ao Arquivo de Galicia no ano 2011, fana merecedora da primeira exposición da serie. Procedentes, fundamentalmente do seu arquivo persoal, os documentos da mostra abordarán as múltiples facetas da súa vida: gran profesional dos arquivos, mestra de varias xeracións de arquiveiros; historiadora preocupada polo patrimonio e a historia da cultura (o libro e as bibliotecas, a lingua e a literatura, a arte, o urbanismo, a arqueoloxía, a museoloxía…); colaboradora activa con institucións como a Fundación Penzol, a Fundación Otero Pedrayo, o Grupo Marcelo Macías ou Anabad Galicia; membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega.

A súa preocupación constante por múltiples aspectos relacionados coa historia económica, social e administrativa de Galicia en xeral e da súa cidade, Ourense, en particular, as decenas de publicacións froito dos seus estudos e o seu espírito xeneroso a fixeron merecedora de distincións como o Lazo da Orde de Alfonso X o Sabio (1969), a Medalla de Anabad (1999), a Medalla de Prata de Galicia da Xunta de Galicia (2000), a Medalla Castelao (2006) ou o Premio Trasalba, da Fundación Otero Pedrayo (2008).

 

webenlaceolga