Día Internacional dos Arquivos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase tamén a esta celebración anual para destacar a importancia estratéxica dos arquivos e dos profesionais que os atenden para avanzar na eficiencia e na transparencia das administracións públicas, así como para a conservación e posta en valor do patrimonio cultural.

Con este motivo, a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, anima aos arquivos galegos a promover iniciativas arredor desta data para lle achegar os arquivos ao público en xeral.

Os arquivos dependentes da Secretaría Xeral de Cultura organizan durante toda a semana diversas actividades.

Programación