Mellora dos arquivos universitarios, locais e de entidades sen fin de lucro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano encargado da dirección e coordinación do exercicio das competencias da Xunta de Galicia relativa ao sistema de arquivos de Galicia. A través da Secretaría Xeral de Cultura, o departamento vén reforzando a protección, conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia mediante unha convocatoria de axudas que ten como obxectivo colaborar no financiamento de actuacións que garantan a organización, descrición e dixitalización dos fondos documentais dos arquivos universitarios galegos, dos arquivos de entes locais (concellos, principalmente) e das entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia.