Axudas aos arquivos galegos. Convocatoria de 2017

Entidades beneficiarias

Entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, para garantir unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Bases reguladoras

Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de total de 77.740 euros, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

10.20.432A.760.0: 57.740 euros

10.20.432A.781.0: 20.000 euros

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.