9 de xuño de 2017. Día Internacional dos Arquivos no Arquivo Municipal de Betanzos


Dentro do proceso de apertura do Arquivo Municipal de Betanzos a todo o mundo, a través de Internet, este ano presentan a web denominada FONDO ALVAJAR, que contén, entre outras cousas, o arquivo da DELEGACIÓN DO CONSELLO DE GALIZA EN PARÍS, unha parte moi importante do arquivo do GOBERNO REPUBLICANO NO EXILIO, CASA DE GALICIA EN PARÍS, MOVEMENTO EUROPEO, "UNIÓN FEDERALISTA DE LAS COMUNIDADES ÉTNICAS EUROPEAS", DOCUMENTOS PERSOAIS DE CÉSAR E XABIER ALVAJAR, TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN..., máis unha HEMEROTECA, etc.