??? content[1]/title ???

Data de publicación: 02-06-2017 Data de fin: 17-09-2017

Este evento auspiciado polo Consello Internacional de Arquivos para dar a coñecer o papel destas institucións na sociedade, este ano adopta o lema de Arquivos, cidadanía e Interculturalidade. Nos celebrarémolos con todos os que queiran compartir connosco estas actividades:

O día 9 de xuño:

9:00 h a 14:00 h. Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás instalacións do Arquivo de Galicia. Inscrición previa, teléfono 881 99 96 65 ou email: arquivogalicia.cultura@xunta.es

Inauguración da exposición “Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784)”, sobre o primeiro arquiveiro do Arquivo Público e Xeral de Galicia. Sala de exposicións do Arquivo de Galicia. Entrada libre.

Visitas guiadas: a partir da inauguración da exposición ofreceranse visitas guiadas ata a data de clausura, o 17 de setembro, previa cita a través del teléfono 881 99 96 65 ou do email: arquivogalicia.cultura@xunta.es

 

Do 12 ao 16 de xuño:

Obradoiro: “Anatomía dun asasinato: O crime do Marqués de Valladares”

Este obradoiro está dirixido a grupos de persoas de todas as idades a partir dos 14 anos, previa inscripción. A duración estimada é dunha hora e media.

Partindo dalgúns dos documentos que forman parte da exposición, analizaranse de forma dinámica e participativa as actuacións de todos os implicados neste célebre crime que conmocionou á sociedade da súa época. Para a realización da actividade os grupos non poderán superar as quince persoas. Inscrición previa, teléfono 881 99 96 65 ou email: arquivogalicia.cultura@xunta.es