Memoria dixital

AMTEGA anuncia a licitación, polo procedemento aberto ordinario, do servizo de creación de recursos dixitais custodiados nos arquivos históricos da Xunta de Galicia, que se integrarán en Galiciana, biblioteca dixital de Galicia xestionada pola Biblioteca de Galicia. Dixitalizaranse un mínimo de 205.700 imaxes/páxina.

O tempo de prestación do servizo será de seis meses.

O prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

A data límite de presentación de ofertas é o 7 de agosto de 2017.