Axudas para equipamento de arquivos municipais

A  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca unha orde de axudas destinadas a equipamento e mellora de instalación e locais, e por primeira vez inclúe no seu ámbito de actuación os arquivos municipais: Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalación e locais utilizados para a realización de actividades culturais e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (Dog núm. 12, do 17 de xaneiro de 2018).

Máis información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: https://www.cultura.gal/es