Aprobación de táboas de avaliación documental

O Consello de Avaliación Documental de Galicia, na sesión do 7 de novembro de 2017, aprobou once táboas de avaliación documental procedentes da administración local. Os extractos das táboas aparecen recollidos no anexo da Orde de aprobación. As series ditaminadas polo Consello son:

De deputacións provinciais:

• Libros de actas do pleno da deputación provincial.

• Libros de actas da comisión de goberno da deputación provincial.

• Libros de actas da comisión xestora da deputación provincial.

• Libros de acordos da comisión xestora da deputación provincial.

• Libros rexistro de entrada de documentos da deputación provincial.

• Libros rexistro de saída de documentos da deputación provincial.

De concellos:

• Expedientes do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

• Libros de actas do pleno do concello.

• Libros de actas da comisión de goberno do concello.

• Libros rexistro de entrada de documentos do concello.

• Libros rexistro de saída de documentos do concello.