??? content[1]/title ???

Trátase dunha treintena de pezas, entre documentos textuais, fotografías ou partituras, que ilustran a importancia da música na formación das fillas das clases medias burguesas dos séculos XIX e XX, así como as posibilidades que a música lles ofreceu ás mulleres no ámbito da actividade profesional.

As pezas seleccionadas amosarán as figuras de Nemesia Courtier (profesora de música na Escola de Música da RSEAPS), Aurelia Morelli (cantante); Pilar Monterde (bailarina e profesora no conservatorio de Danza de Madrid), Sada Yako (actriz e bailarina), Elisa Grandío, membro da Orquesta Ibérica ou Elisa Aguilar, laudista do cuarteto Aguilar.

A exposición estará aberta do día 6 de marzo ás 10 horas ata o día 17 de abril no corredor central do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)