Axudas en materia de arquivos

 Segundo o artigo 11.1 da Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos  para o ano 2018, procédese á publicación da proposta provisional de adxudicatarios no Portal de Arquivos de Galicia.

As entidades solicitantes disporán de 10 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da data de publicación da proposta provisional, para formular as alegacións que consideren oportunas sobre esta proposta ante a Secretaría Xeral de Cultura no lugar e forma indicados no artigo 6 da orde.