O Día Internacional dos Arquivos no Arquivo de Galicia

Data de publicación: 07-06-2018

Na mostra que se inaugura hoxe amósanse documentos custodiados no Arquivo de Galicia que reflicten diferentes accións de goberno nos ámbitos da educación, o desenvolvemento económico, a saúde pública ou a participación cidadá, entre outros, ao longo do tempo, que constitúen a memoria da nosa sociedade e forman parte do patrimonio documental a transmitir ás xeracións futuras.

Os documentos proveñen de fondos documentais diversos, tanto públicos como privados. Así, a Xunta de Galicia, o Hospital psiquiátrico de Conxo, a conserveira Massó, as familias Pita da Veiga ou Cervela Lira, o fondo fotográfico do FOAT, entre outros.