Exposición "Patrimonio industrial: memoria e cultura" e actividades

A exposición estará instalada no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia) entre os días 7 de xuño e 30 de setembro.

Xunto a un número destacado de expedientes de concesión e autorización de aproveitamentos de augas, e de concesión de dominio público hidráulico, amosará outros procedentes da Xunta de Galicia, da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, do Banco Gallego ou do fondo da Familia Vilariño Pintos. Todos eles son valiosas testemuñas da historia do desenvolvemento industrial de Galicia.