Día do Patrimonio Mundial 2020. Coñecer, valorar, protexer

Data de publicación: 13-11-2020 Data de fin: 27-11-2020

Publicación diaria na que se exporán, acompañadas dun texto explicativo, exemplos de bens do noso patrimonio recollidos nas seguintes series documentais que se custodian no Arquivo de Galicia:

- Expedientes informativos de monumentos.

- Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmobiliario.

- Expedientes de autorizacións para a concesión de licenzas de obras por parte dos concellos.

- Expedientes de contratación de obras.