Coñecer, valorar, protexer. #Diadopatrimonio

Fecha de publicación: 18-11-2020

Estes expedientes recollen unha variada documentación de carácter textual (solicitudes, informes ou autorizacións) ademais de planos e fotografías.

Son expresión xurídica das competencias en materia de protección, conservación e difusión dos bens, a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia recolle a necesidade de establecer un Inventario Xeral como instrumento básico de protección. Este inventario será substituído na vixente Lei 5/2016 por un Catálogo. Neles recolleranse todos aqueles bens declarados de interese cultural, os catalogados e aqueles outros que, sen estar incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados. Tanto o vello inventario como o actual catálogo teñen a consideración de públicos, deberán estar permanentemente actualizados e serán accesibles mediante as tecnoloxías da información e comunicación.

 

Santiago de Compostela. Edificio do Banco Pastor na rúa Fonte de Santo Antonio. 1973-1975