Coñecer, valorar, protexer. #Diadopatrimonio

Fecha de publicación: 19-11-2020

Expresión xurídica das competencias en materia de protección, conservación e difusión dos bens, a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia recolle a necesidade de establecer un Inventario Xeral como instrumento básico de protección. Este inventario será substituído na vixente Lei 5/2016 por un Catálogo. Neles recolleranse todos aqueles bens declarados de interese cultural, os catalogados e aqueles outros que, sen estar incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados. Tanto o vello inventario como o actual catálogo teñen a consideración de públicos, deberán estar permanentemente actualizados e serán accesibles mediante as tecnoloxías da información e comunicación.