Exposicións

Música en feminino. Exposición no Arquivo de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, un ano máis o Arquivo de Galicia seleccionou entre os seus fondos unha mostra de trinta documentos que, baixo o título Música en feminino, se centra na muller e a música, dende o ámbito cotidiano ata a súa participación como profesional (docente, intérprete, compositora)

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Data de inicio: 20-12-2016 Data de fin: 20-03-2017

 

 

O Arquivo de Galicia organiza esta exposición, dentro do seu programa de difusión, para poñer o acento en que a paisaxe é, como os arquivos, un patrimonio a preservar.
 

A crecente preocupación pola paisaxe, quedou posta de relevo de forma especial a partir do ano 2000 en que se asina en Florencia o Convenio Europeo da Paisaxe, ratificado por España no ano 2007 e que é o xermolo da Lei 7/2008 de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia. Por outra parte temos a recente aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, de 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia).

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia

Data de inicio: 18-06-2015 Data de fin: 09-09-2015

O día 9 de xuño celébrase o Dia Internacional dos Arquivos. Un dos seus obxectivos é fomentar o coñecemento e divulgación dos arquivos en todo o mundo.

Por esta razón o Arquivo de Galicia elixiu para a conmemoración deste ano organizar unha exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón. Con isto quere dar cumprimento ao seu compromiso coa recuperación, conservación, tratamento técnico e difusión do patrimonio documental de Galicia tanto de orixe pública como privada, agradecer aos doadores a súa xenerosidade na cesión a un centro público dun patrimonio privado para disfrute de toda a sociedade e animar a outros propietarios a tomar exemplo destas iniciativas.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Emigrantes: terras, xentes, emocións

Data de inicio: 22-01-2016 Data de fin: 04-03-2016

 

Propoñemos unha reflexión sobre a relevancia da emigración na sociedade galega a través do patrimonio documental, cunha mostra na que están presentes documentos dos séculos XVII ao XX procedentes dos diversos fondos de orixe pública e privada que se custodian no Arquivo de Galicia e dous álbumes de postais procedentes dunha colección particular.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn