Actualidad

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020

Fecha de publicación: 17-06-2020

Hoxe 17 de xuño de 2020 publícase neste Portal e no Portal de Cultura e Turismo https://www.cultura.gal/gl a listaxe definitiva das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2020)

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

"Arquivo de Galicia. Memoria dunha década", exposición virtual polo Día Internacional dos Arquivos 2020

Fecha de publicación: 08-06-2020

No ano 2010 nace o Arquivo de Galicia como arquivo intermedio e histórico dos diferentes órganos da Xunta de Galicia e entidades dependentes cun ámbito territorial superior a unha provincia e como centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia.

Ao longo destes dez anos o traballo do Arquivo de Galicia estivo guiado polo compromiso de velar por unha xestión documental eficaz e pola conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia.

Para celebralo presentamos un breve percorrido pola nosa historia

 

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

Día Internacional dos Arquivos 2020 no Arquivo de Galicia. CONCURSO

Fecha de publicación: 08-06-2020 Fecha de fin: 14-06-2020

Para celebrar o Día Internacional dos Arquivos convocamos un concurso no que o premio consistirá nunha reprodución dun documento do Arquivo de Galicia.

Para participar debes enviar a opinión, sensación ou coñecemento que tes sobre o que é un Arquivo entre o 8 e o 14 de xuño.

Pode facelo calquera persoa que o desexe enviando a súa opinión ás contas de Facebook e Twitter ou ben ao correo arquivogalicia@xunta.gal.

Na enlace ao pé da seguinte páxina verás as imaxes entre as que podes elixir...

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

Exposiciones

Música en feminino. Exposición no Arquivo de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, un ano máis o Arquivo de Galicia seleccionou entre os seus fondos unha mostra de trinta documentos que, baixo o título Música en feminino, se centra na muller e a música, dende o ámbito cotidiano ata a súa participación como profesional (docente, intérprete, compositora)

 

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Fecha de inicio: 20-12-2016 Fecha de fin: 20-03-2017

 

 

O Arquivo de Galicia organiza esta exposición, dentro do seu programa de difusión, para poñer o acento en que a paisaxe é, como os arquivos, un patrimonio a preservar.
 

A crecente preocupación pola paisaxe, quedou posta de relevo de forma especial a partir do ano 2000 en que se asina en Florencia o Convenio Europeo da Paisaxe, ratificado por España no ano 2007 e que é o xermolo da Lei 7/2008 de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia. Por outra parte temos a recente aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, de 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia).

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia

Fecha de inicio: 18-06-2015 Fecha de fin: 09-09-2015

O día 9 de xuño celébrase o Dia Internacional dos Arquivos. Un dos seus obxectivos é fomentar o coñecemento e divulgación dos arquivos en todo o mundo.

Por esta razón o Arquivo de Galicia elixiu para a conmemoración deste ano organizar unha exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón. Con isto quere dar cumprimento ao seu compromiso coa recuperación, conservación, tratamento técnico e difusión do patrimonio documental de Galicia tanto de orixe pública como privada, agradecer aos doadores a súa xenerosidade na cesión a un centro público dun patrimonio privado para disfrute de toda a sociedade e animar a outros propietarios a tomar exemplo destas iniciativas.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

Publicaciones

Paisaxe e patrimonio: un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia

 Autor: Arquivo de Galicia

ISBN: 978-84-453-5275-5

Depósito legal: C 1625-2017

Ano de publicación: 2017

Publicar en Facebook
Compartir en Twitter
Agregar a Delicious
Compartir en LinkedIn

Patrimonio documentado: a protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. Volume II: Artigos.

Fecha de publicación: 08-08-2013 AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5093-5 (Obra completa).Volume II: 978-84-453-5095-9 Precio16 € (os dous volumes). Véndense de forma conxunta Depósito legalC 1273-2013 EditorialXunta de Galicia Año de publicación2013

Patrimonio documentado. A protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos.Vol I: catálogo da exposición

Fecha de publicación: 08-08-2013 AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5093-5 (obra completa). Volume I: 978-84-453-5094-2 Precio16 € (os dous volumes). Véndense de forma conxunta Depósito legalC 1272-2013 EditorialXunta de Galicia Año de publicación2013