Procedencia

Fundamentalmente o Arquivo está destinado a custodiar os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os seus órganos dependentes que teñan un ámbito territorial superior a unha provincia. Pero tamén os de calquera  organismo, institución ou entidade de ámbito autonómico, privado e público, que teña especial relevancia e sexan de conservación permanente polo seu valor histórico e cultural.

Historia

En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do  Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia e de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro - DOG núm. 35, do 19 de febreiro-).

Como consecuencia da reestruturación da Xunta de Galicia do ano 2009, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño,  polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo  -DOG núm. 125, do 29 de xuño- asignará estas funcións ao Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (hoxe Arquivo de Galicia), dependente da Subdirección de Arquivos e Museos, dentro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O Decreto 207/2010, do 19 de decembro, (DOG 246, do 24 de decembro) crea o Arquivo de Galicia como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico.

No ano 2011 se volve a reestruturar a Consellería de Cultura e Turismo, mediante Decreto 3/2011, do 13 de xaneiro (DOG núm 17, do 26 de xaneiro). Créase así unha Subdirección Xeral de Arquivos, que dependerá da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, con dous Servizos, o do Arquivo de Galicia e o do Sistema de Arquivos.

Desde a publicación do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro (DOG núm 16, do 24 de xaneiro), o Arquivo de Galicia/Subdirección Xeral de Arquivos dependen da Secretaría Xeral de Cultura da nova Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estas normas asígnanlle un papel fundamental na infraestrutura  que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia  de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando  os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos.

Cadro de clasificación de fondos e coleccións

Bases de datos

Fondos documentais
Fondos bibliográficos