Fondos documentais

INFORMACIÓN QUE PODEMOS ATOPAR  NA BASE DE DATOS

Na base de datos pódese atopar a descrición dos diversos fondos documentais dos arquivos. É unha base en contínua actualización que contén  información sobre os  documentos (e, de ser o caso, as imaxes asociadas a eles)  e as súas agrupacións.

O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.

¿COMO CONSULTAR A BASE DE DATOS?

Pode acceder directamente á base de datos (non é necesario introducir ningún nome de usuario ou contrasinal, pero facelo permitiralle restrinxir a busca ao arquivo do seu interese. No caso contrario,  realizarase sobre todos os que teñen os seus fondos accesibles a través da base de datos) ou consultar previamente a información de AXUDA que aparecerá ao premer sobre os signos de interrogación ¿? situados á dereita da pantalla.
O nome do usuario é: agopac; o contrasinal: arquivo
Teña en conta que atopará a información descritiva dos documentos que se achen na base de datos ben de forma estruturada, de acordo coa xerarquía orgánica ou funcional que articula interiormente calquera fondo documental, ben de forma sinxela, sen observar ese contexto.