Servizos

Servizos

O acceso é libre e gratuíto. Unicamente poderá ser restrinxido de acordo co establecido na lexislación vixente ou, nos casos da consulta directa de orixinais, cando supoña riscos para a súa conservación.

As solicitudes de información poderán  facerse directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou  internet.

Para a consulta na sala de lectura será necesaria, a efectos de identificación,  a presentación dun documento oficial (DNI ou pasaporte) e a subxección ás normas de consulta dispoñibles  na sala.

Sempre que as disposicións legais e o estado de conservación dos documentos o permitan poderán solicitarse reproducións (copias simples ou copias compulsadas/certificadas). Os prezos das reproducións deberán aterse ao regulado na normativa vixente  sobre taxas e prezos públicos.

Poderán realizarse préstamos de documentos orixinais ás institucións produtoras cando sexa necesario  para o cumprimento das actividades relacionadas co ámbito da súa competencia. Tamén se poderán realizar préstamos para participar en actividades de difusión cultural, especialmente exposicións temporais,  ás institucións que así o soliciten, sempre que se cumpran os requisitos previstos e sexan previamente autorizados polo órgano competente.  

O Arquivo fomentará a difusión dos seus fondos e actividades, principalmente,  a través da  publicación de instrumentos de descrición, da periódica organización de exposicións e da recepción de visitas guiadas de escolares e outros colectivos.

Descargas