Actualidade

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020

Data de publicación: 17-06-2020

Hoxe 17 de xuño de 2020 publícase neste Portal e no Portal de Cultura e Turismo https://www.cultura.gal/gl a listaxe definitiva das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2020)

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

"Arquivo de Galicia. Memoria dunha década", exposición virtual polo Día Internacional dos Arquivos 2020

Data de publicación: 08-06-2020

No ano 2010 nace o Arquivo de Galicia como arquivo intermedio e histórico dos diferentes órganos da Xunta de Galicia e entidades dependentes cun ámbito territorial superior a unha provincia e como centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia.

Ao longo destes dez anos o traballo do Arquivo de Galicia estivo guiado polo compromiso de velar por unha xestión documental eficaz e pola conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia.

Para celebralo presentamos un breve percorrido pola nosa historia

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Día Internacional dos Arquivos 2020 no Arquivo de Galicia. CONCURSO

Data de publicación: 08-06-2020 Data de fin: 14-06-2020

Para celebrar o Día Internacional dos Arquivos convocamos un concurso no que o premio consistirá nunha reprodución dun documento do Arquivo de Galicia.

Para participar debes enviar a opinión, sensación ou coñecemento que tes sobre o que é un Arquivo entre o 8 e o 14 de xuño.

Pode facelo calquera persoa que o desexe enviando a súa opinión ás contas de Facebook e Twitter ou ben ao correo arquivogalicia@xunta.gal.

Na enlace ao pé da seguinte páxina verás as imaxes entre as que podes elixir...

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn