Actualidade

Organización e expurgo nos arquivos xudiciais de Galicia

Coa incorporación, no ano 2013, de persoal técnico cualificado nos arquivos xudiciais da Coruña e Pontevedra, comeza un proceso de racionalización dos arquivos da administración de xustiza. O plan piloto pónse en marcha no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, e na Audiencia Provincial de Pontevedra, estendéndose máis tarde a Lugo e Ourense. A día de hoxe as catro sedes contan con técnicos de arquivo.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposición "Paisaxe e Patrimonio: un percorrido polo territorio a través do Arquivo de Galicia"

A inauguración será o día 20 de decembro ás 11 horas e permanecerá ata o 20 de marzo no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia)

Arquivos e paisaxe son bens e recursos que deben ser preservados. O Arquivo quere difundir con esta exposición o interese dos documentos que custodia como fonte de información para os estudos sobre a evolución da paisaxe.

 

 

 

 

 

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O Arquivo de Galicia e a Biblioteca de Galicia incorporan os fondos históricos doados pola familia Banet Dobrkovska

O 11 de novembro de 2016, no edificio da Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultrua, Manuel Banet López de Rego e Alena Dobrkovka Kubickova asinan a doazón de dous libros á Biblioteca de Galicia e dous mapas ao Arquivo de Galicia, que pasan así a incrementar o seu patrimonio bibliográfico e documental, respectivamente
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn