Actualidade

Data de publicación: 04-06-2020

Hoxe 4 de xuño de 2020 publícase neste Portal e no Portal de Cultura  e Turismo https://www.cultura.gal/gl a listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A). (DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2020)

De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 10.3 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Servizo e medidas preventivas fronte ao COVID-19 no Arquivo de Galicia

Data de publicación: 18-05-2020

Seguindo a protocolo aprobado o 16 de maio, os arquivos dependentes da Consellería de Cultura e Turismo reiniciamos a actividade presencial. Ata o 1 de xuño a atención presencial estará reservada para os casos nos que sexa absolutamente imprescindible (a atención telemática seguirá a ser prioritaria) e será prioritaria para as peticións de información e copias de documentos que deban achegarse en procedementos xudiciais ou administrativos.
En todo caso, a atención presencial limitarase a 10 documentos ou unidades de instalación física por xornada de traballo.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

BOLSAS DE FORMACIÓN EN ARQUIVOS. REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO

Data de publicación: 07-05-2020 Data de fin: 31-07-2020

 Reapertura do prazo de presentación de solicitudes

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn