Actualidade

Listado provisional de solicitantes das bolsas de formación en materia de arquivos

 Con data 5 de xuño de 2018 publícase neste Portal de Arquivos a proposta provisional de adxudicatarios das bolsas de formación en materia de arquivos (Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2018. (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018)

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Xornada de formación “Modelo conceptual de descrición arquivística e sistemas de descrición multi-entidade"

Data de publicación: 23-05-2018

Dende hoxe, día 23 de maio, está aberta a matrícula para a Xornada de formación  “Modelo conceptual de descrición arquivística e sistemas de descrición multi-entidade" convocada pola Subdirección Xeral de Arquivos, que se impartirá o día 30 de maio no Arquivo de Galicia, Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na sala 1 do edificio da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, en horario de mañá e tarde.

O enlace para acceder ao espazo de matrícula é http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/modelo-conceptual-de-descricion-arquivistica-e-sistemas-de-descricion-multi-entidade

Hai 25 prazas dispoñibles e cinco máis de reserva. Se algún dos matriculados non pode asistir, pode avisar no número de teléfono 881 999 665

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposición "Santiago. Protección e transformación da cidade" no Arquivo de Galicia.

Data de publicación: 09-05-2018

Dende o venres 11 de maio ás 12:30 horas, data da inauguración, ata o 26 de xuño permanecerá aberta no Arquivo de Galicia a exposición "Santiago. Protección e transformación da cidade" no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, en Santiago de Compostela (Gaiás-Cidade da Cultura de Galicia).

Inscríbese dentro das actividades organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria baixo o lema Somos patrimonio para contribuír á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, tras a súa declaración polo Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn